Pois a verdade é que este vídeo foi grabado sen previo aviso, nin eu o tiña planeado.
Este é o poema, de Lois Pereiro:
Tristemente
convivo coa túa ausencia
sobrevivo
á distancia que nos nega
mentres
bordeo a fronteira entre dous mundos
sen
decidir cal deles pode darme
a
calma que me esixo para amarte
sen
sufrir pola túa indiferencia
a
miña retirada preventiva
dunha
batalla que xa sei perdida
resolto
a non entrar xamais en ti
pero
non á tortura de evitarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario